CRTVG

Buscar

Dominic Cummings, asesor de Boris Johnson, non dimite e nega que incumprise o confinamento

Publicado o 26/05/2020 08:33

Este que ven é Dominic Cummings, a man dereita do primeiro ministro. Mentres os británicos estaban confinados para conter a pandemia, el viaxou 400 quilómetros ata a granxa dos seus pais. 

O principal asesor do primeiro ministro británico nega que rompese o confinamento ao viaxar á casa dos seus pais e di que non se arrepinte do que fixo.

Dominic Cummings, considerado o arquitecto da estratexia do brexit, sostén que o seu comportamento foi razoable e non presentou a dimisión que lle pide boa parte da sociedade e a clase política británica. Cummings conta coa apoio total de Boris Johnson, que cualificou a súa conduta de íntegra, responsable a axustada á legalidade.

Noticias web

26/05/2020