CRTVG

Buscar

Domingo de transición ante a chegada dunha fronte

Publicado o 12/01/2020 11:08
Domingo de transición ante a chegada dunha fronte

Galicia quedará este domingo nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións diante da chegada dunha fronte estacionaria ao noroeste. Segundo a predición de Meteogalicia, agárdanse ceos anubrados no nordés, onde mesmo haberá a posibilidade dalgún chuvasco ocasional, e ceos pouco anubrados ou con algunhas nubes de tipo alto no resto.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso e os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, e moderados no litoral. Prevese que A Coruña rexistre mínimas de 7 graos e máximas de 14, Ferrol, mínimas de 6 e máximas de 14, 3 e 12 graos en Lugo, 1 e 14 en Ourense, 1 e 16 en Pontevedra e 2 e 12 graos en Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí