CRTVG

Buscar

Os galegos aproveitan na praia o domingo de sol e calor

Publicado o 25/03/2019 07:46

Nin en pleno verán. 28 graos foi a temperatura máxima que se acadou esta tarde en Galicia. Foi en Redondela. Nas zonas do interior da provincia de Pontevedra e de Ourense chegaron aos 27. En moitas outras localidades os termómetros alcanzaron os 25.

Diante dun domingo de sol e de calor, moitos decidiron que hoxe ían estrear a praia. Cos 25 graos de media que se rexistraron nas Rías Baixas, houbo mesmo quen tivo que consultar o calendario non fose ser que se trabucase de mes e fose o verán o que se acaba de inaugurar e non a primavera.

O certo é que moitos lamentaron non coller o bañador antes de saíren de casa, e máis aínda en zonas do interior da provincia de Pontevedra e na de Ourense, con máximas de 27 graos.

Noticias web

25/03/2019