CRTVG

Buscar

Domingo de piñata en Xinzo e Verín, as capitais do Entroido

Publicado o 10/03/2019 20:56

Agora si que podemos dicir que o Entroido está a piques de rematar. En Xinzo e Verín, dúas das capitais do Entroido ourensán, festexan hoxe o domingo de piñata, con xogos para os nenos e moios disfrazados aos que lles custa despedir a festa. En Xinzo, ademais, celebraron hoxe o seu gran desfile, coas pantallas á fronte e a participación de toda a vila. 

As pantallas, a alma e a figura do Entroido de Xinzo, abriron o desfile atrasado do martes. Cada vez máis participativo, 35 grupos e 7 carrozas sacaron unha vez máis o seu enxeño ás rúas. Aquí non falta a retranca, e cansos ou roucos, pero sempre hai ganas de máis.

Hoxe a dalo todo a ritmo de charanga no remate final. Comezaron hai un mes, e que é o de Xinzo é o clico festivo máis longo e tamén o único Entroido de Galicia Interese Turístico Internacional. E pola tarde, os protagonistas foron os máis pequenos cos xogos da piñata. Agora si remata o Entroido, pero xa queda un día menos para o do ano que vén. Ata de hoxe nun ano!










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019