CRTVG

Buscar

Domingo corredoiro en Verín, en que os cigarróns reciben os fregueses á saída da misa

Publicado o 24/02/2019 15:19

O día amenceu solleiro e festeiro en Verín. No domingo corredoiro os disfraces comezan a invadir as rúas, pero o protagonismo absoluto é para os cigarróns. O primeiro día do ano en que volven vestir o traxe.

Xa levan semanas adestrándose coas chocas porque o de hoxe é un día en que cómpre estar en forma. O momento central da xornada é a saída da misa. Os cigarróns reciben os fregueses, látego en man, ao son das chocas.

A próxima cita en Verín é o xoves que vén, días das Comadres, un dos eventos máis multitudinarios do Entroido ourensán.

Noticias web

24/02/2019