CRTVG

Buscar

Domingo corredoiro en Verín, día grande dos cigarróns

Publicado o 16/02/2020 14:55

O estrondo de milleiros de chocas ao unísono arrepía o corpo aos verineses, que o domingo viron saír fachendoso o cigarrón, o personaxe máis importante do seu Entroido. Vestir este traxe non entende de idades.

Interiorizan esta tradición dende meniños. Alma ten quince meses, leva chupete e látego. Adrián ten catro e xa sabe o que significa ser cigarrón.

Agardan os fregueses á saída da misa para dar a súa bendición. Ás emocións máis intensas sempre foi difícil pórlles nome. Máis de 500 cigarróns saíron este domingo corredoiro en Verín, algúns deles con bágoas nos ollos.

Noticias web

16/02/2020