Domingo caloroso rozando os 38 graos na provincia de Ourense
Publicado o 19/07/2020 22:09
Tarde de domingo calorosa en Ourense, rozando os 38 graos a xente busca o refresco no río Miño ou nas piscinas municipais. Moita calor pero xa un pouco menos intensa.
Dous graos menos ca onte, rozando tamén os 38 graos en puntos como A Arnoia ou Leiro. Pero alí xa están afeitos.
A calor faise máis levadeira ao carón do río e moitos escollen o parque néutico de Castrelo de Miño para pasar a tarde.
A calor aperta especialmente na cunca do Miño, e para mañá Meteogalica mantén o aviso amarelo por altas temperaturas do Miño de Ourense, Pontevedra e tamén Valdeorras.