CRTVG

Buscar

Dolores Rodríguez, unha muller de Antas de Ulla, acaba de celebrar 105 anos

Publicado o 24/07/2019 21:15

105 anos e moitas ganas. Isto é o que ten Dolores Rodríguez, unha muller de Antas de Ulla que acaba de celebrar o seu aniversario. E aínda segue soñando e segue querendo facer cousas. O fundamental, di, é desfrutar do momento.

Os cen anos quedaron atrás no 2014. Agora Dolores Rodríguez ten 105 anos. Esta é a única foto que conserva da súa mocidade, canda os seus pais e irmaos. Foron once, en total. Así que enfermou súa nai cuidou dela e tamén dos seus irmáns. E tamén do seu pai cando se puxo mao. Ademais, tamén atendía a casa

Con 50 anos tocoulle emigrar a Francia. Aínda conserva o pasaporte.Agora é a súa filla quen cuida dela. Tod ía moi ben ata que hai dous anos rompeu a cadeira; dende aquela xa non camiña. Con todo, segue tendo unha gran ilusión pola vida.

Tanto Dolores coma os seus irmáns son moi lonxevos. A filla de Dolores non ten dúbida de cal é o segredo

Nesta imaxes de hai cinco anos Dolores andaba lixeira pola aira. Agora, na cadeira de rodas, gústalle moito que a sigan paseando e a súa intención é cumprir moitos máis anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019