CRTVG

Buscar

'Dolor y Gloria', máis preto dos Óscar

Publicado o 17/12/2019 08:32

Unha semana despois de facerse coa candidatura nos Globos de Ouro, 'Dolor y gloria' foi preseleccionada pola Academia das Artes e as Ciencias de Hollywood para competir polo Óscar á mellor película internacional. O filme de Pedro Almodóvar é un dos dez semifinalistas dos que o 13 de xaneiro sairán os cinco candidatos ao galardón, que se entregará -canda o resto de premios- o 9 de febreiro no Teatro Dolby dos Ánxeles.

É o único en español que superou o corte. Tamén o fixo unha das súas principais competidoras -que xa levou a Palma de Ouro en Cannes- 'Parásitos', do surcoreano Bong Joon-ho. As dúas aspiran ao Globo de Ouro ao mellor filme de fala non inglesa o próximo 5 de xaneiro.

'Dolor y Gloria' tamén está entre as semifinalistas á mellor banda sonora orixinal polo traballo de Alberto Iglesias, que podería sumar a cuarta candidatura aos Óscar. O director manchego xa ten dous por 'Todo sobre mi madre' e 'Hable con ella'.