Dolor y Gloria, Antonio Banderas e Klaus, candidatas do cine español aos Óscar
Pedro Almodóvar sitúa un filme español de novo nos Óscar. 15 anos despois de Mar Adentro, Dolor y Gloria competirá a mellor película internacional coa dificultade de enfrontarse ao fenómeno da temporada, a coreana Parásitos, que suma cinco candidaturas.
Terao difícil Dolor y Gloria, pero ten o mérito de situar a Antonio Banderas como candidato ao mellor actor protagonista. É a primeira ocasión na que o malagueño opta a este premio desde que nos anos 90 chegara a Hollywood e convértese no terceiro español que o fai na historia dos premios. Xogarase todo co gran favorito Joaquin Phoenix.
A sorpresa española chegou na animación. Klaus, o filme dirixido por Sergio Pablos, entrou entre as grandes franquicias americanas para facer historia.
Un ano no que o favoritismo está moi repartido entre catro filmes, Erase una vez, el irlandés e 1917 con 10 candidaturas. Joker de Todd Phillips, con 11.