CRTVG

Buscar

"Dogsfluencer Meeting", peregrinación simultánea e solidaria de peregrinos con cans

Publicado o 18/04/2019 20:52

Camiño de Santiago. Universal, espiritual, ... en soidade, en compañía .... e en compañía. En Compostela celebrouse o primeiro aniversario da Credencial canina, e trouxo para este primeiro ano de vida un agasallo especial : o Dogfluencers meeting, Unha peregrinación simultánea e solidaria de perregrinos, peregrinos que fan o Camiño cos seus cans para gozar da experiencia, pero que levan tamén reivindicacións.

Despiois de recibir consellos para a peregrinación. Pinza, Swing e Yago, todos perregrinos xa están listos para estes días comezar a camiñar. Yago busca dono, apareceu hai dous anos no Camiño e tamén no Camiño busca agora alguén que o queira acompañar. Todos, e outros tantos chegados das diferentes rutas, encontraranse o día 20 de abril en Compostela.

Porque cómpre vivilo para entendelo , convidan a todo o mundo a que se anime a facer o Camiño coas seus cans e a que o Camiño faga dos cans os mellores peregrinos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019