CRTVG

Buscar

Bos días

Documentan por primeira vez en Galicia a depredación conxunta dun banco de peixes lanzóns

Publicado o 08/08/2018 09:50

Imos agora ata as profundidades do mar, entre as illas de Ons e Sálvora. Alí os investigadores do instituto para o estudo de cetáceos lograron filmar unha imaxe inédita: a dun exército de golfiños, atúns e aves atacando por mar e aire un banco de peixes lanzóns.

É a primeira vez que se documenta en augas galegas este espectáculo, un banco de lanzóns de paso polas nosas augas é acurralado por un exército perfectamente coordinado. As tropas submariñas de golfiños encárganse de 'pastorear' en círculo os peixes formando un bolo. Desconcertados, os peixes soben á superficie onde agardan as patrullas aéreas.

Bruno Díaz López, biólogo e director do BDRI

Din os expertos que en poucas ocasións se pode estar tan cerca dun evento tan extraordinario de depredación conxunta. Un feito que evidencia a enorme biodiversidade que hai na nosa costa e a necesidade de preservala.

Bruno Díaz López, biólogo e director do BDRI

O vídeo filmouse en Ons na tardiña do 25 de xullo. Os investigadores foron sorprendidos por este singular banquete co que os habitantes do mar poderían estar celebrando o Día de Galicia e a riqueza das súas augas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

08/08/2018