CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Documentais galegos en Documenta Madrid e Málaga

Publicado o 04/04/2018 17:03
Mais novidades. "Tódalas mulleres que coñezo", de Xiana do Teixeiro, competirá no Festival de Málaga e no Documenta Madrid, onde outro galego, Alberte Pagán tamén participará con "Flora o Fauna. Documenta Madrid celébrase do 3 ao 13 de maio e o Festival de Málaga comeza a próxima semana, o día 13 de abril.



Xiana do Teixeiro afonda no desequilibrio que sofren as mulleres. Deixando que a conversa flúa, "Tódalas mulleres que coñezo" é unha fiestra para expresar a desigualdade social sobre o feminino e como afrontalo. A cinta compite na sección oficial. Tamén na oficial pero na de curtas, atopamos a ultima peza de Alberte Pagán, "Flora o Fauna".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

04/04/2018