CRTVG

Buscar

`Doce no Camiño', serie escrita, protagonizada e dirixida por estudantes do Programa Universitario de Maiores do Campus de Ourense

Publicado o 09/04/2021 22:25

Coñecéronse nas clases do programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo en Ourense. Ramón fixo o guión e na dirección contan con Luís Morales Bellet realizador de programas como 'La Bola de Cristal'.

E decidiron emprender un camiño televisivo cunha serie xuntos.
Para todos, din,  está a ser unha experencia moi estimulante.

Aseguran que lles gustaría que a súa serie 'Doce no Camiño' puidese emitirse nesta televisión pública e logo proxectala en tódolos centros galegos do mundo.

Noticias web

09/04/2021