CRTVG

Buscar

Doce mortos e centos de hospitalizados por conxelación nos EUA

Publicado o 01/02/2019 08:34

Nos Estados Unidos xa van 12 mortos e centos de persoas hospitalizadas por conxelación e hipotermia. A vaga de frío polar deixa temperaturas de 50 graos baixo cero de madrugada en lugares como Michigan, Detroit ou Milewuakee. 

A vinte e cinco graos baixo cero amenceu hoxe a cidade de Nova York, agora si afectada de cheo por esa vaga de frío polar con temperaturas absolutamente extremas que provocan, por exemplo, que nestes momentos custe articular as palabras con corrección.

O que padecen en Manhattan non ten nada que ver co que seguen sufrindo os estadounidenses que viven no medioleste, onde esta madrugada volveron alcanzar os cincuenta graos baixo cero, por exemplo, preto de Chicago. Espérase que nas próximas horas o temporal vaia remitindo, pero entre as autoridades hai moito temor a atopar máis vítimas mortais por conxelación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019