CRTVG

Buscar

Doce mortos e 37 feridos polo incendio intencionado nun edificio de París

Publicado o 05/02/2019 19:33

O incendio que deixou dez mortos nun edificio de París foi causado por unha veciña con problemas psiquiátricos despois dunha liorta con outros habitantes. Esa é a teoría que manexan os investigadores. A muller foi detida nunha rúa próxima poucos minutos despois de empezar a arder o edificio. Estaba borracha e intentaba prenderlle lume a unha papeleiras e un vehículo aparcado na zona. O edificio que ardeu ten oito andares e está situado nun barrio acomodado de París. Foi construído nos anos 70.

250 bombeiros tiveron que empregarse a fondo durante cinco horas para controlar o lume, que comezou no segundo piso e se propagou con moita rapidez. Tres dos 12 mortos guindáronse pola ventá para fuxir das lapas.

Noticias web

05/02/2019