CRTVG

Buscar

Doce detidos por piratear canles de televisión de pago

Publicado o 16/11/2019 12:34

A Policía Nacional desarticulou un entramado dedicado á comercialización ilegal de canles de televisión de pago, cos que daban servizo a 20.000 clientes. Detiveron doce persoas, pecharon sete páxinas web e dous perfís sociais nos que se anunciaban os servizos que ofrecía a organización. Catro persoas encargábanse de obter o sinal e da súa posterior difusión ilegal e outros oito implicados difundían as ofertas e captaban os clientes.

Noticias web

16/11/2019