CRTVG

Buscar

A Policía Nacional detivo doce persoas por distribuir heroína por toda Asturias

Publicado o 15/08/2019 17:10

A Policía Nacional detivo a doce persoas e desmantelou o punto de distribución de heroína que abastecía a toda Asturias. Os distribuidores da droga facíano no barrio da Calzada, en Xixón, e a droga procedía dun clan familiar de Reguera, en Avilés. 

A distribución que facían polo miúdo xeraba graves problemas de convivencia no barrio. Un clan familiar controlaba un punto de distribución aberto de forma permanente, as 24 horas de todos os días do ano, e que abastecía a provedores e consumidores de toda Asturias. Nos dez rexistros realizados, os axentes incautaron 900 gramos de cocaína, heroína e haxix, un quilo de substancia de corte, varias básculas de precisión e uns 97.000 euros en efectivo.

Ademais interviron cinco pistolas simuladas, un arma real con munición e numerosas armas prohibidas, como pistolas eléctricas, machetes, un machada, un puño americano e catro tirachinas profesionais na denominada "Operación Algodón". Despois de catro meses de investigación, os policías descubriron que existían dúas vías diferenciadas para abastecerse de cocaína e heroína, substancias que posteriormente vendían en pequenas doses nun parque.

A cocaína conseguíana de dous provedores en Xixón, mentres que a heroína conseguíase a través dunha familia de Avilés, que eran os encargados da adquisición e venda desta substancia en toda a rexión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019