CRTVG

Buscar

Doce anos de cárcere para o pontevedrés acusado de abusar das fillas da súa parella

Publicado o 06/10/2017 14:01

Xa hai sentenza para o pontevedrés acusado de abusar das dúas fillas da súa parella: condenárono a doce anos de cárcere e a indemnizar as vítimas con 20.000 euros cada unha.

Tampouco se poderá comunicar con elas por ningún medio nin achegárselles, e unha vez saia do cárcere terá sete anos máis de liberdade vixiada. Juan José mantivo unha relación coa nai das nenas, e conviviu con elas en Poio. El coidaba os fillos da parella, mentres a nai traballaba. Abusou das cativas durante anos, dende que fixeron os oito anos. Agora ambas as dúas teñen secuelas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2017