Dobrete de Santi Mina que recupera a mellor versión goleadora
Publicado o 12/02/2021 23:00
Non estaba a ter sorte Santi Mina diante da portería contraria pero nas últimas xornadas recuperou o olfato goleador.
Marcou un dobrete diante do Elxe, e puido ser unha tripla se chega a anotar unha ocasión moi clara no primeiro tempo.
Cos dous goles Mina xa suma cinco no campionato, tres nas últimas dúas xornadas.