Dobrete de Santi Mina no campo que o viu debutar en Primeira
Publicado o 25/10/2021 22:38
Con só 17 anos, Paco Herrera deulle alternativa en Primeira no Alfonso Pérez de Xetafe a Santi Mina. Daquela era un proxecto de xogador que, malia a xuventude, xa ten moita experiencia na categoría.
Nun partido que podía marcar o futuro inmediato para o Celta apareceu o mellor Mina da temporada para facer un dobrete, o cuarto coa camisola celeste, e dar a tranquilidade que precisaban os de Coudet.