CRTVG

Buscar

Dobre multa para un hostaleiro de Pontevedra por instalar na terraza máis mesas das que tiña permitidas

Publicado o 04/05/2021 13:31

A pandemia puxo aínda máis en valor as terrazas dos establecementos hostaleiros, os clientes prefiren sentar no exterior que ocupar unha cadeira no interior. Co fin de aproveitar ao máximo este espazo, un hostaleiro de Pontevedra decidiu colocar máis veladores dos que tiña autorizados.

"Tiña 25 veladores cando ten autorización para nove", di Manuel Omil, voceiro da Policía Local de Pontevedra.

A infracción descubriuna a Policía Local nunha das súas roldas de vixilancia e os axentes procederon a tramitar a denuncia.

"Non é a primeira vez que o denunciamos, porque non só incumpre as normas covid senon que triplica en número a licenza que ten concedida", engade o axente.

A denuncia, lonxe de amedrentar o hostaleiro, este mantívose na súa decisión e non retirou os veladores de máis da terraza. Actitude que lle valeu outra sanción.

"Por un lado está o incumprimento do decreto das normas covid que ten unha contía e por outro un expediente administrativo do concello", explica Manuel Omil.

A policía di que se trata dun caso excepcional e destaca o bo comportamento do sector hostaleiro da cidade.