CRTVG

Buscar

Dobre escala de cruceiros no porto de Vigo

Publicado o 28/09/2021 11:19

A Estación Marítima de Vigo lucía hoxe en todo o seu esplendor con dous cruceiros que deixaron unha estampa precovid na cidade. O primeiro en chegar foi o Marella Explorer II, de 248 metros de eslora, e ás 8 da mañá atracaba no porto todo un xigante dos mares, o transatlántico Iona, procedente de Southampton. Ten nada menos que 344 metros de eslora e capacidade para case 7.000 persoas entre pasaxeiros e tripulantes, aínda que a súa ocupación se viu reducida pola pandemia.

Trátase do sexto maior cruceiro do mundo e o terceiro máis grande que recibiu o porto vigués. Ambos transatlánticos partirán ás 6 da tarde. Tamén estaba previsto que recalara en Vigo o megaiate Al Lusail, do xefe catarí dono do París Saint-Germain, pero finalmente quedou fondeado nas Cíes.

Os hostaleiros acollen cos brazos abertos o tan ansiado tráfico de cruceiros, que ten unha importante repercusión económica na cidade.

Noticias web

28/09/2021