CRTVG

Buscar

Dobre escala de cruceiros na Coruña e 6.000 turistas enchen as rúas

Publicado o 22/05/2019 14:36

Seis mil turistas chegados a bordo de dous cruceiros enchen de vida as rúas da Coruña desde ben cedo. Malia que algúns optaron por marchar en autobús a Santiago de Compostela, outros contratan persoalmente taxis para coñecer a cidade.

"Pídennos vir á Torre de Hércules, ao acuario, ao monte de San Pedro...". "Nós, que vivimos do turismo, a chegada dos barcos acollémola moi ben".

Aproveitando o bo tempo desta xornada, outros moitos coñeceron a pé a cidade.

Chus Pardo, guía turístico: "Collémolos no porto e fomos andando cara á cidade vella, paseo marítimo, xardíns de San Carlos e xa chegamos á praza de María Pita".

Pero, amais, pasearon tamén polos comercios e locais de hostalería.

"Estamos buscando algún sitio onde poder comer e mercar algún agasallo".

Entre as cinco e as seis da tarde partirán cara a Southampton. Pero nos próximos días seguirán aportando barcos. Ao longo de toda esta semana A Coruña vai recibir case dez mil turistas chegados a bordo de seis cruceiros.

Noticias web

22/05/2019