CRTVG

Buscar

Doan 600 quilos de Ternera Gallega para os máis vulnerables

Publicado o 20/04/2020 21:40
Doan 600 quilos de Ternera Gallega para os máis vulnerables

Seiscentos quilos de Ternera Gallega repartíronse hoxe entre persoas economicamente moi afectadas pola crise do coronavirus. Esta é unha iniciativa da Federación que reúne as Asociacións de Mulleres do Rural e do Grupo Red Eléctrica. Puideron repartilo coa colaboración da Cociña Económica de Santiago e do Fogar do Transeúnte de Lugo. A Deputación de Lugo distribuirá tamén varios lotes en catro residencias de maiores. O obxectivo é axudar as explotacións agrarias con problemas para vender este produto e ao mesmo tempo axudar os que máis se resenten desta crise sanitaria.
 

Noticias web

20/04/2020