Do tenis ao fútbol, o deporte detense para 275.000 persoas
Eliximos o tenis como exemplo de deporte individual para pulsar o sentir dos xogadores federados logo da paralización das competicións en Galicia. Cren que cos protocolos en vigor o tenis non é un foco de contaxio.
O presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera, di que non coñece ningún contaxio nesta disciplina.
Como exemplo de deporte colectivo, o fútbol. En suspenso as competicións autonómicas e os adestramentos en grupo de máis de catro persoas. Con todo, entenden a decisión.
Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, di que agora "é o momento de que a sociedade e o fútbol traballen para vencer o virus".
As medidas afectan a adultos e nenos. Aos rapaces cústalles máis entender a parada. Algúns non só terán que deixar de competir, tamén de adestrarse. As limitacións de mobilidade entre concellos póñeno complicado.
As medidas afectan en Galicia uns 275.000 deportistas de diferentes disciplinas.