CRTVG

Buscar

Do milleiro de probas realizadas a profesionais sanitarios de Ourense só 28 deron positivo

Publicado o 19/04/2020 19:03

O domingo coñecéronse os resultados dos tests rápidos que o sábado se lles realizaron aos profesionais sanitarios que utilizaron na área de Ourense as máscaras defectuosas enviadas polo Goberno. Do milleiro de probas realizadas só 28 deron positivo.

Houbo 1.313 probas e máis do 96 % foron negativos: un 2 % eran positivos asintomáticos e os restantes presentaban o patrón de ter superada xa a infección. Os 28 casos positivos están en illamento domiciliario unha vez coñecidos os resultados. 

Nesta área sanitaria de Ourense recibíranse 3.800 das 82.000 máscaras que viñeran para Galicia. Máis da metade non se repartiran e quedaran na base loxística que o Sergas ten en Negreira.

Noticias web

19/04/2020