CRTVG

Buscar

Djurjevic decide ante o Lugo

Publicado o 15/12/2019 21:34

O serbio marcou os dous goles sportinguistas

O conformismo matou o Lugo. Nun partido con máis medo que aventura, o talento de Djurjevic acabou resolvendo.

O serbio, a fichaxe máis cara do Sporting ata a chegada esta temporada de Manu García, comezou a desequilibrar o encontro cun gol de luxo no minuto 35.

Djurjevic botou man de todo o seu repertorio técnico para acabar batendo a Cantero dun gran disparo cruzado.

O Lugo apenas inquedou durante o primeiro tempo.

Comezou arriscar tras o gol sportinguista cargando o xogo pola banda de Iriome, o máis perigoso do conxunto lucense.

Tras esta ocasión de Manu Barreiro, os de Eloy lograron a igualada cunha acción de xogo directo na que saca Cantero, baixa Manu e Cristian Herrera nunha gran acción individual na que se vai de dous marca o un a un.

Sétimo gol do canario, máximo realizador do equipo.

O empate, lonxe de axitar o Lugo, levouno a un estado de conformismo que lle devolveu o control ao Sporting. Os asturianos reclamaron gol neste lanzamento desde o recanto. A pelota escápalle a Cantero, pero o VAR non puido determinar se botou dentro.

E pouco despois, unha perda de Seoane en zona de perigo acaba por converterse no gol da vitoria xixonesa. A pelota chegalle a Djurjevic que, con clase, facía o un a dous definitivo. Quinto gol do serbio no campionato, terceiro nas dúas últimas xornadas.

O encontro rematou definitivamente coa expulsión de Valentín por este cobadazo a Damián Pérez no engadido.

Noticias web

15/12/2019