Djokovic vence a Federer e logra o seu quinto título en Wimbledon nun partido épico
Publicado o 14/07/2019 20:12

O serbio Novak Djokovic, número un do mundo, salvou dúas bolas de partido e venceu o suízo Roger Federer nunha gran batalla, por 7-6 (5), 1-6, 7-6 (4), 4-6 e 13-12 (3), na final máis longa da historia de Wimbledon, para gañar este torneo por quinta vez na súa carreira, e sumar o segundo desta categoría este ano tras apuntarse o Aberto de Australia en xaneiro.
Djokovic leva xa 16 títulos de Grand Slam, achegándose aos 18 de Rafael Nadal.