CRTVG

Buscar

Divorciados levan aos tribunais a vacinación contra a covid−19 dos fillos menores

Publicado o 01/09/2021 08:12

Algunhas parellas divorciadas acoden aos tribunais de xustiza ante a falta de acordo sobre a vacinación dos fillos, segundo a Asociación Española de Avogados de Familia. A asociación considera que estes casos se deberían resolver nun prazo de 15 ou 20 días para non poñer en risco a saúde de ninguén.

Pero a realidade é que pode atrasar ata un ano a decisión de vacinar ou non os menores. A vacinación afecta a patria potestade dos menores. Os adolescentes de 16 anos ou máis teñen capacidade para aceptar ou rexeitar as vacinas, pero os menores de 12 a 15 anos necesitan o acompañamento e o consentimento dos seu pais ou titores.

Beatriz de la Prada, avogada de Aeafa, prevé un aumento deste tipo de demandas. "As discrepancias non só poden darse cando os pais están divorciados, senón mesmo cando son matrimonio", aclara. "Estas cuestións deberían ter canles para que se poidan resolver antes", advirte.

 

 






 

Noticias web

01/09/2021