CRTVG

Buscar

División de opinións entre os expertos e na rúa sobre a xornada laboral de catro días

Publicado o 07/12/2020 15:52

Ábrese o debate do salario mínimo cando hai outro sobre a mesa; o de se é posible reducir a xornada laboral de cinco a catro días á semana.

Pablo Iglesias dixo que o Goberno explora a redución, mentres os empresarios falan de ocorrencia e os sindicatos temen recortes nos salarios.

Na rúa xa atopamos xente que se ve traballando catro días á semana.

Outros, en cambio, non o ven tan claro, sobre todo se afecta os salarios.

Os sindicatos, en cambio, cren que é un debate que hai que dar xa que a axudaría a xerar máis emprego.

A pregunta é se a medida se podería implementar en todos os sectores, un aspecto que os empresarios e os expertos poñen en dúbida sobre todo se non aumenta considerablemente a produtividade.

A xornada laboral de catro días xa se implementou con éxito en Nova Zelandia, pero tamén hai países nos que non funcionou; é o caso de Finlandia, onde o incremento da produtividade non foi suficiente para levar a cabo a redución. O debate está aberto.

Noticias web

07/12/2020