CRTVG

Buscar

Dituro, un parapenaltis que dá puntos

Publicado o 22/09/2021 19:38

Viña coa sona de ser un especialista na pena máxima e abofé que o está confirmando. Matías Dituro detivo tres dos catro penaltis que lle tiraron neste arranque de Liga. Preferiría o Celta que non tivese que demostralo. Aínda así, con Dituro baixo paus o risco de encaixar gol dende os once metros redúcese nunha alta porcentaxe. Dos catro penaltis que lle pitaron nestas seis xornadas, só conseguiu batelo Benzema. Paroullo a Rubén García do Osasuna, a Salvi do Cádiz e, onte, a Roger Martí do Levante. A parada valeulle ao Celta para amarrar a vitoria e conseguir os tres primeiros puntos.

Noticias web

22/09/2021