Dituro sostén o Celta e Aspas e Brais poñen a excelencia na primeira vitoria da temporada
EFE/Biel Aliño
Desde unha defensa sólida chegou a primeira vitoria do Celta. Con Araújo e Murillo de centrais. E con Fran Beltrán por diante de Renato Tapia.
Coudet: "Necesitabamos sumar tres; manter a portería a cero era importante porque sempre temos situacións de gol"
Pero tamén necesitou o Celta sacar a excelencia. Dúas exquisiteces. A primeira, de Iago Aspas. Asistido por Santi Mina, define con precisión e elegancia... Ó de Moaña cústalle cada inicio de temporada, pero con este primeiro gol de xogada albíscase o seu punto de forma. Tamén tivo o mérito e a mala sorte de acudir a defender na xogada do penalti. Figueroa Vázquez mantivo o criterio malia a chamada do VAR para revisar a man. E ignorou a man inmediatamente anterior do defensa levantinista. Por fortuna estaba Dituro baixo os paus. Os compañeiros xa contan coa súa parada.
Brais Mendez: "É alucinante. É case seguro que o vai parar"
Coudet: "Esperemos que non haxa máis penaltis e que se acabe o récord"
Dituro evitou o empate no minuto 71 e no 85 Brais sentenciou co 0–2 con outra exquisitez acompañada polo rumor do Ciutat de Valencia. Primeiro gol de Brais Méndez esta temporada e desde a chamada de Luis Enrique. "Contento por axudar ó equipo, que é o que máis quero"
Co seu gol e o baile ó lateral Franquesa, recupera o crédito pero non se esquece de Santi Mina, outra vez asistente.
Brais: "Santi Mina mátase polo equipo, non para de correr desde o minuto 1 ó 95. Se lle tiras unha pedra vai de cabeza o primeiro"
O Celta volve a Balaídos o próximo luns contra o Granada.