CRTVG

Buscar

Ditan en Pontevedra a primeira sentenza contra o cártel dos camións

Publicado o 21/10/2019 19:45

O fabricante de camións Iveco é a primeira gran compañía condenada en firme por estafar os clientes subindo os prezos de xeito ilegal. O coñecido como cártel dos camións reunía as grandes empresas que copan entre o 90 e o 95% do mercado europeo da venda de camións. Foi un despacho de avogados de Vigo quen logrou a primeira sentenza contra o xigante empresarial.

Iveco deberá aboar á empresa Kartín SL unha indemnización por danos de case 20.000 euros, e outros 19.240 polos xuros legais dende a data de compra do vehículo. O mesmo xulgado condenou tamén o fabricante Man, pero a sentenza non é firme porque a empresa a recorreu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019