A policía dispara salvas ao aire para dispersar un 'botellón' multitudinario en Santiago
Foi unha noite de xoves en Santiago con moitos incidentes, especialmente a partir das tres da mañá, no momento do peche dunha discoteca chamada Ruta, situada na rúa Curros Enríquez da capital galega.
A Policía Local interviu para dispersar o 'botellón' e incluso lanzou salvas ao aire para poñer fin á concentración de xente na rúa, que era moi numerosa: segundo algunhas fontes, eran máis de 2.000 persoas. Os veciños din que nunca viran nada igual.
Algúns dos mozos denunciaron os métodos empregados pola policía para disolver a concentración. A través das redes sociais, con vídeos gravados no lugar dos sucesos, criticaron a violencia da intervención.
DISTURBIOS EN SANTIAGO I
— G24 (@G24Noticias) September 24, 2021
A policía dispersou esta madrugada as persoas que se amoreaban nas proximidades dunha discoteca compostelá. Algúns dos mozos denuncian a violencia empregada polos axentes con vídeos gravados durante os sucesos.
https://t.co/wPKsnRpduO pic.twitter.com/ybUc9OfmHZ
Pola súa parte, dese o concello defendeuse a actuación dos axentes. O concelleiro responsable da seguridade cidadá, Gonzalo Muíños, asegurou que responderon ao lanzamento de obxectos contra eles, e que se tiveron que empregarse así foi porque non tiveron outra opción. En total foron 7 dotacións da Policía Local e 4 da Policía Nacional as desprazadas á zona.
DISTURBIOS EN SANTIAGO I
— G24 (@G24Noticias) September 24, 2021
Desde o Concello de Santiago, o responsable de Seguridade Cidadá asegurou que a policía reaccionou ante o lanzamento de obxectos contra os axentes.
https://t.co/9wk75xZyZJ pic.twitter.com/jztTyR6VvW
Ademais do acontecido na rúa, a policía redactou máis de 20 propostas de sanción por festas en pisos.
Desde hai varias semanas, coincidindo co inicio do curso universitario, estanse producindo concentracións de mozos arredor desta discoteca, para desgusto dos veciños, e a policía acode para evitar os 'botellóns', pero ata esta noite non houbera maiores problemas. Ademais, a Policía Local tivo que desaloxar trece festas en pisos particulares.