CRTVG

Buscar

Os disturbios volven a París pola morte dun mozo negro nunha comisaría

Publicado o 03/06/2020 13:33

Co racismo e a violencia policial tamén como transfondo, miles de persoas manifestáronse en París pedindo xustiza para Adama Traore, un mozo negro morto na comisaría á que foi trasladado despois de ser detido en xullo de 2016.

A concentración diante do Pazo de Xustiza derivou en disturbios e enfrontamentos ao coñecerse un informe forense que atribúe o falecemento á policía. 

Os antidisturbios cargaron varias veces contra os concentrados que ocupaban varías rúas da cidade e rexistráronse queimas de mobiliario urbano.

Noticias web

03/06/2020