CRTVG

Buscar

Disturbios en Minneapolis tras a morte dun home afroamericano ao ser detido

Publicado o 28/05/2020 08:41


Graves disturbios na cidade estadounidense de Minneapolis tras a morte dun home afroamericano a mans de catro policías.

Centos de persoas saíron ás rúas para protestar pola morte de George Floyd cando estaba detido polos axentes.

Os catro policías brancos implicados xa foron despedidos, pero isto non evitou unha vaga de disturbios que acabaron por xerar algúns actos de vandalismo con saqueos de tendas e comercios.

Noticias web

28/05/2020