CRTVG

Buscar

Distintos colectivos veciñais alertan do incremento no consumo de heroína na Coruña

Publicado o 18/03/2019 13:38

Esta xiringa que atopamos pola mañá na zona da praza Pablo Iglesias, no barrio do Castrillón, é un vestixio do problema que veñen detectando tamén en zonas como Os Castros, as Conchiñas e no Ventorrillo. Os veciños ven con preocupación o aumento da venda de droga en pequenas cantidades e consumo de heroína e a volta das escenas propias da década dos 80.

Paulo Sexto, presidente da AA. VV. Oza Gaiteira Os Castros : "E vemos que aparecen xiringas nalgúns parques, co perigo de que se pique algún neno ou persoa que pase pola zona".

Ramiro Otero, presidente da AA. VV. Castrillón: "Detectamos que aparece algunha xiringa cando nos avisa algún veciño e entón denunciámolo de inmediato". "Sabemos que hai venda en pequenas cantidades, e detectamos puntos en que se vende droga".

Prevención, concienciación e control policial é a receita que propoñen os veciños para loitar contra este problema social.

Paulo Sexto, presidente da AA. VV. Oza Gaiteira Os Castros: "Non queremos xerar alarma, pero é importante que a Administración tome medidas de prevención e concienciación porque non queremos que se repita o que sucedeu nos anos 80".

Ramiro Otero, presidente da AA. VV. Castrillón: "Sabemos tamen que a policía vixía, pero tamén esiximos que tapien esas casas onde se vende non".

A percepción na rúa non coincide coa que teñen no centro de atención a drogopendentes ACLAD. Entre os que acoden a tratamento diminuiron os consumidores de heroína.

Maite Lag, psicóloga de ACLAD: "Cada vez acode xente máis nova polo consumo de cánnabis, antes impensable, ségueo a cocaína e, por último, a heroína, que está á baixa. (...) O que máis, en relación coa heroína son persoas que foron consumidoras e retoman o consumo".

Din que os mozos se inician cada vez máis novos no consumo de cánnabis por diversos factores.

Maite Lage, psicóloga de ACLAD: "A accesibilidade, a forma de divertirse e relacionarse no botellón, porque o consumo de cánnbis entre los adolescentes vai acompañado do consumo de alcohol".

Os mozos adoitan acudir a terapia por imperativo dos pais ou cando empezan a detectar os efectos perniciosos desta droga, que consideran branda pero que ten consecuencias graves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019