CRTVG

Buscar

Distinguen queixos de Palas e Chantada entre os mellores de España

Publicado o 19/10/2021 15:15
Distinguen queixos de Palas e Chantada entre os mellores de España

Os queixos galegos non paran de recoller premios. Un queixo elaborado en Palas de Rei e outro de Chantada están entre os mellores de España. Trátase do queixo de vaca curado da queixería palense PoK Quesera e o queixo azul de Airas Moniz, que acumula xa varios premios.

O xurado, composto por unha vintena de experimentados catadores, valorou o seu olor, sabor, aroma, textura ou o seu aspecto exterior tras o corte.

Noticias web

19/10/2021