CRTVG

Buscar

Dispútase en Vigo o Raid Rías Baixas de catamaráns, da Copa de España de longa distancia

Publicado o 08/08/2020 13:49


E en Vigo continúa celebrándose o Raid Rías Baixas de catamaráns, proba da Copa de España de longa distancia da clase F18. Logo de dúas xornadas de competición, os irmáns franceses Cedric e Laurent Bader confirman o seu favoritismo. O Fastcurricho, do Náutico de Vigo, con Chisco Catalán e Alexis Parcerisa, loita de momento pola segunda posición. Hoxe dispútase a terceira e penúltima xornada, cunha regata entre Ribeira e a illa de Tambo.

Noticias web

08/08/2020