CRTVG

Buscar

Disparidade de resultados nas últimas enquisas publicadas polos xornais

Publicado o 15/04/2019 12:50

Das publicadas hoxe, a enquisa de El Español é a máis favorable para o PSOE, cunha porcentaxe de voto dun 30%: entre 124 e 130 escanos. Aínda así, non sumaría para gobernar con Unidas Podemos e tería que engadir os independentistas. En cambio, con Ciudadanos si superarían a maioría absoluta. Mentres que PP, Ciudadanos e Vox quedarían a quince escanos de poder gobernar.

Máis favorable para o bloque de centrodereita é a enquisa de La Razón. Dálles entre 173 e 179 escanos e a maioría absoluta está en 176. Poderían gobernar coa proxección máis alta. Un dos puntos débiles, segundo o xornal, sería Ciudadanos, que estaría á baixa. Segundo esta enquisa, o PSOE tamén tería posibilidades de gobernar cos socios da moción de censura.

La Voz de Galicia publica tamén o seu seguimento diario da intención de voto e os socialistas superarían o PP en Galicia en case un punto, cun 31,6% dos votos. Quedarían empatados en escanos, con dez. En Común obtería dous e Ciudadanos un.

 

Noticias web

15/04/2019