CRTVG

Buscar

Disparidade de opinións no sector do comercio sobre como foron as rebaixas

Publicado o 30/07/2018 14:18

A campaña de rebaixas de verán vai rematando o seu primeiro mes de activididade e o balance polo momento é de división de opinións entre os comerciantes. Os tempos das longas ringleiras nos grandes almacéns quedan lonxe.

As chamadas segundas rebaixas están xa aquí sen que moitos se decataran aínda das primeiras. Os descontos fanse durante todo o ano, en diferentes sectores ou días, e as campañas tradicionais perden forza, aínda así moitos valóranas positivamente.

Os que apostan pola diferenciación, o trato personalizado e a calidade seguen adiante, pero o modelo cambiou e algúns din que, polo menos no sector téxtil, aínda ten que cambiar máis, sobre todo no referente ás temporadas e o referido á climatoloxía.

Dende as asociacións de comerciantes si teñen claro que estes períodos de rebaixas tradicionais cada vez ofrecen datos máis baixos de vendas e incluso pode dicirse que son pouco fiables para un pequeno negocio.

Son moitos os comerciantes que estan desexando que chegue o bo tempo canto antes a Galicia para poder aproveitar ao máximo a roupa de verán este mes de agosto.

Noticias web

30/07/2018