Dispárase a venda de disfraces a poucos días do Samaín
Publicado o 22/10/2021 21:42
Xa hai colas nas grandes tendas de disfraces. Os cativos e cativas buscan traxes de medo para celebrar unha festa que vai importando tamén outros costumes, como pedir doces nas casas.
Este ano nótase unha repunta das ventas. superando mesmo as cifras previas á pandemia.Hai un disfrace baseado nunha serie de ficción, que superou todas as previsións. O primeiro día venderon máis de 200 unidades e dende comezos de mes superan as 3.000.
Nestas datas a campaña céntrase nos disfraces infantís, que acumulan o 65% das vendas.