Dispárase a demanda de casas rurais e apartamentos turísticos na costa
Arrancan as reservas para pasar as vacacións en Galicia. Disparouse a demanda de casas rurais e de apartamentos turísticos na costa. Os hoteis empezan pouco a pouco a abrir as súas portas e fano con boas perspectivas.
A principios de xullo estarán abertos o 95 por cento dos hoteis e esperánse novas reservas.
As praias tamén se preparan para un verán diferente onde a seguridade será o primeiro. En Samil comezaron os traballos de parcelación cun milleiro de cuadrículas; no norte as praias coruñesas instalan sistemas de control con sensores que permiten coñecer a ocupación en tempo real.
O sector arranca baixo o paraugas da seguridade apoiado polo plan Galicia Destino Seguro promovido pola Xunta e que inclúe cursos de formación para que os profesionais adapten os seus establecementos á nova situación.