CRTVG

Buscar

Dispáranse os positivos por alcol ao volante tras o alivio das restricións

Publicado o 02/03/2021 13:52

Paralelamente á eclosión da vida social durante a primeira fin de semana de desescalada, disparáronse os positivos en alcolemia ao volante. Houbo preto de 200 positivos. En dous días igualáronse as cifras de semanas completas antes da covid.

Héctor Teixeira, garda civil: "Nunha semana normal antes do estado de alarma, adoitábanse detectar entre 200-225 positivos en toda a semana. Esta fin de semana, só a fin de semana, detectáronse 185 positivos".

25 terán que pasar polo xulgado, ao superaren a taxa de 0,6 miligramos por litro en aire expirado. Nos próximos días, especialmente durante a fin de semana, Tráfico aumentará os controis.

Combinan os controis de alcol e drogas cos de mobilidade derivados da pandemia.

Héctor Teixeira, garda civil: "O noso obxectivo na estrada é, por un lado, axudar a que se cumpran as medidas sanitarias para liberar a presión hospitalaria e, por outro, evitar sinistros viarios que produzan outro tipo de vítimas e emerxencias sanitarias que colapsen os hospitais".

Advirten de que son cifras alarmantes para un escenario sen ocio nocturno e fan un chamamento á responsabilidade á hora de poñernos ao volante.

Noticias web

02/03/2021