CRTVG

Buscar

Dispáranse os contaxios nos Países Baixos unha semana despois da fin das restricións

Publicado o 06/07/2021 21:11

Nos Países Baixos  dispáranse os contaxios cando se cumpre a primeira semana da fin das restricións e do uso obrigatorio da máscara. Desde que se eliminaron as restricións ata agora os contaxios diarios aumentaron nun 65%. Segundo os últimos datos, xa se rexistran máis de 1.500 casos diarios,  case 600 máis que a media da semana pasada. O pico máis alto dos novos contaxios está entre os mozos de 20 a 29 anos.  Neste grupo de idade xa comenzou a vacinación, pero a maioría non ten máis que a primeira dose. Aquí está vacinada case o 40% da poboación, pero son sobre todo maiores e grupos de risco. Malia este aumento de casos, os ingresos hospitalarios por covid seguen reducíndose, din as autoridades que é polo efecto da vacinación.

 

Noticias web

06/07/2021