CRTVG

Buscar

Dispáranse os contaxios na área sanitaria de Ferrol

Publicado o 26/10/2020 14:34

Na área sanitaria de Ferrol duplicáronse os contaxios en só tres días.

"Foi moi rápido". "Tocounos, así que agora toca ter máis coidadiño", din dous ferroláns.

Segundo os últimos datos do Sergas, os casos activos subiron dos 445 aos 488 entre as seis da tarde do sábado e a mesma hora do domingo. Son 53 novos contaxios detectados a través das probas PCR. Nas dúas plantas covid do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol hai 33 hospitalizados e outros 4 casos máis graves que están na UCI.

"É moi preocupante. Hai que facer algo porque a saúde públca é o máis importante", manifesta un veciño.

Preocupados están tamén os comerciantes e hostaleiros que temen que se endurezan as medidas.

"A ver se anuncian novas medidas ou non... é moi preocupante para os nosos negocios", di un hoslaleiro.

Desde o inicio da pandemia, nesta área sanitaria rexistráronse 1.654 contaxiados dos que 1.130 curaron.

Agora, canda Ferrol, Fene e Narón seguen en nivel vermello.


Noticias web

26/10/2020