Os contaxios dispáranse en Zas sen que polo momento preocupen o Concello
Publicado o 08/06/2021 15:14
Son algo máis de 4.000 habitantes os que ten o concello de Zas que amenceu como un día calquera. Pero de portas para dentro os veciños non paran de botar contas. Calculaban para hoxe unha baixada dos positivos, pero a realidade é que subiron 3 con respecto a onte.
Superan o límite dos 250 casos de incidencia acumulada pero no concello por agora non están excesivamente preocupados. "Sabemos que son tres núcleos familiares e en principio están localizados e non temos unha preocupación excesiva", explica Manuel Muíño, alcalde de Zas.
Esta mañá a actitude era de optimismo ante a reunión do comité clínico de hoxe. "Será cuestión de días tamén que volva a baixar, non", fala Manuel Muíño, alcalde de Zas.