Dispáranse os contaxios en Ordes, con 49 novos positivos, e novos gromos en Lugo
Nas últimas horas detectáronse, ademais, dous novos gromos na área de Lugo, vinculados a celebracións da pasada fin de semana. Un que suma positivos en Rábade, Begonte e Outeiro de Rei; e outro que afecta A Pastoriza e Meira. Suman unha ducia de afectados de entre 14 e 18 anos.
Por outra banda, o detectado no concello de Ordes continúa disparado, e suma 49 contaxios novos nas últimas 24 horas. A incidencia acumulada xa está por riba dos 1.100 casos. Un gromo que, supostamente, tería a súa orixe nas festas que a vila celebrou a pasada fin de semana.
O martes pasado Ordes rexistraba doce contaxios, este domingo son 146. Moitos dos positivos detectáronse nun cribado realizado este venres entre mozos de 16 a 24 anos, e aos que ollo, só acudiu a metade dos convocados.