CRTVG

Buscar

Dispáranse os contaxios en Carballo e A Laracha

Publicado o 13/07/2021 14:52

A situación epidemiolóxica empeora en Bergantiños. Preocupa especialmente a repunta de casos en Carballo e A Laracha.

Carballo concentra case a metade dos contaxios que se rexistran na comarca. Hai 53 casos activos, 44 máis que hai xustamente unha semana. É o peor dato que se rexistra na capital de Bergantiños dende a cuarta vaga.

O concelleiro de seguridade mantén que "Carballo é capital comarcal, unha zona con praia onde está a aumentar o turismo e evidentemente todo o que ten que ver con mobilidade pode ser unha das causas polas que se disparan os contaxios".

Na Laracha, en tan só unha xornada chegaron a rexistrarse 7 novos contaxios, que sumaron máis de 30 casos activos, e a incidenda do virus superou o risco alto.

Segundo o alcade da localidade "nestes momentos xa pasamos os 250 e témomo que vamos a subir de nivel e coas medidas restrictivas que conleva".

En ambos concellos están convocados senllos cribados poboacionais dirixidos a mozos de entre 18 e 30 anos de idade co fin de detectar asintomáticos e atallar canto antes este importante incremento nos contaxios.

Noticias web

13/07/2021